O concello de Cea abre a incrición para clases de ioga para todas as idades

O concello de Cea abre o prazo de inscrición para as clases de Ioga. Trátase dun novidoso método, para todas as idades, tanto para principiantes como para xente con experiencia. Na práctica do ioga realízanse una serie de posturas que inflúen sobre o plano físico, mental e emocional de cada individuo. Permite de forma progresiva o desenvolvemento da flexibilidade, elasticidade, forza muscular, estados de relaxación, calma, tranquilidade e a sensación de benestar en xeral.

A inscrición pode facerse no concello presencialmente, a través do whatsapp (672122300) ou no enderezo electrónico cultura@concellodecea.com.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV