Foto: https://galeguizargalicia.gal/
Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Un amigo agasállame cunha fotocopia dunha carta asinada por min en papel oficial da Asociación Cultural de Vigo da que eu era secretario executivo naquela altura (novembro de 1970). Estaba dirixida ás tres asociacións culturais galeguistas convocándoas a unha xuntanza para propoñerlles a creación dun premio literario cunha dotación económica importante para o tempo. Asi empezou a miña actividade de fomento da literatura, cando non había outros medios para galeguizar.
Máis tarde, en 1981, xa sendo funcionario do Concello de Redondela, propúxenlle ao goberno municipal crear un premio de novela longa co nome de “Blanco-Amor”. Foi a primeira experiencia de mancomunidade cultural na historia da administración local do noso país. Cincuenta e catro concellos con cadansúa achega materializaron o proxecto.
Co paso do tempo acabei convencido de que o fomento da lectura de obras literarias non eran os mellores medios para avanzar na conquista de novos espazos para a lingua galega. Os datos estatísticos non menten: os índices de lectores son moi baixos. Vou enumerar algunhas das accions desenvolvidas.
En 1991, cando a Asociacion de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) empezou en solitario a fomentar a lingua galega nos usos xurídicos e xudiciais con medidas programáticas que resultaron ser eficaces, botou man da literatura como reclamo publicitario. Foron colaboracións escritas expresamente para darlle máis visibilidade ás transformacións que se estaban a producir nos ámbitos aludidos co título “Contos da Xustiza”. Un número cualificado de profesionais da xudicatura por primeira vez achegábanse ao xénero literario para realatar anécdotas vividas por eles.
Esta experiencia repetímola máis tarde, en 2001, coa publicación de “Palabra por palabra. Contos das policía”, escritos por funcionarios dos corpos e forzas de seguridade de Galicia. Unha experiencia insólita. Foron tempos decisivos para que a cidadanía puidese utilizar a lingua galega nas relacións orais e escritas nas comisarias de policía (o “hábleme cristiano!” era unha expresión desgrazadamente moi recorrente nesas dependencias).
Outra iniciativa importante da AFNLG foi fomentar o uso da lingua galega nos testamentos, proposta que contou co apoio do Colexio Oficial de Notarios de Galicia. Para a ocasión publicamos uns libriños con relatos curtos de autores coñecidos, incluído un de don Victorino Gutiérrez-Aller, o único notario que protocolizou milleiros de instrumentos xurídicos en galego. “Non desherdes a túa lingua” tamén acadaou a adhesión de moitas persoas que redataron as súas mandas incluíndoas nos testamentos, obrigando aos herdeiros que aceptaban a herdanza o respeto polo noso patrimonio cultural e lingüístico.
A campaña galeguizadora con maiores repercusión foi certamente a colección dos “Contos do Castromil”. Ofrecímoslles a trinta autores a oportunidade de coparticiaren na galeguización empresarial. Na historia da lingua galega ditos contos serán recordados para sempre como a primeira experiencia onde a literatura estivo ao servizo duns obxectivos de tal natureza.
Non podo rematar este relatorio sen mencionar as actividades desenvolvidas para galeguizar os cemiterios e actos fúnebres. “En galego, agora e sempre”, foi outra publicación de ampla difusión con relatos acaídos para a finalidade desta actividade.
Hoxe estou moi convencido da relativa importancia da literatura no proceso de galeguización do país. Considero que a lectura de obras literarias é un hábito cultural que practica unha mínima parte da sociedade.Mágoa que sexa asi; mais as causas son ben coñecidas. A comunicación noutros ámbitos, porén, é unha necesidade social, onde a escolla dunha lingua marxinando outra – hábito diglósico- depende do prestixio social que os cidadáns lles atribúan á lingua de uso. O galego ten que normalizarse en ámbitos transcendentes para a sociedade. Cómpre dedicar máis recursos económicos e medios para conseguir este obxectivo, detraéndoos doutros capítulos de dubidosa transcendencia.
* Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”