Concurso “Fotógrafo Europeo del Año 2020”

IES CHAMOSO LAMAS

No concurso “Fotógrafo Europeo do Ano 2020”, organizado pola Federación Europea de Fotógrafos ( European Photographers), notificáronse os finalistas a este prestixioso concurso internacional, onde cinco fotógrafos Españoles foron elixidos para competir para o recoñecemento a MELLOR FOTÓGRAFO EUROPEO DO ANO 2020

Os fotógrafos galegos Marcos Rodríguez e Alfonso Novo, xunto ao Malagueño Jesús Jiménez, competirán na categoría de Reportaxe Gráfica, mentres que o Granadino Faustino Maldonado e o Fotógrafo Madrileño Carlos Santana, farano na categoría de Voda.
O concurso, con máis de 2000 fotografías presentadas de todas partes do continente, é valorado vía online durante varias semanas, por 20 xuíces de prestixio internacional. Xuíces acreditados e avalados por diferentes organismos fotográficos europeos, como forma parte a Federación de Profesionais da Fotografía e a Imaxe ( FEPFI)
A Federación Europea de Fotógrafos, dará a coñecer o próximo 22 de marzo na cidade de Roma, aos gañadores definitivos a quen corresponderá, as Cámaras de Ouro, Prata e Bronce, coincidindo coa multitudinaria cerimonia de entrega de Premios á Copa do Mundo (World Photographic Cup)

HIPER MASIDE

Web oficial da noticia dea Federación Española: http://blog.fepfi.es/fotografo-europeo-del-ano-2020-espanoles-finalistas/

Web oficial da noticia da Federación Europea: https://www.europeanphotographers.eu/2020/02/14/fep-competitions-2020-finalist-announcement/?fbclid=IwAR2ID8i- aU40GmY4dEv3w1D1qcnK4LoRTIKK_XLOtSxgUlg6AJcSiMbW0Uc