Este martes remata o prazo de inscrición no curso de preparación do exame de Competencias Clave no Carballiño.

Este martes remata o prazo de inscrición do curso preparatorio para a proba de Competencias Claves no Carballiño

O Concello do Carballiño organiza un curso co fin de que @s veciñ@s poidan  preparar os exames de Competencias Clave deste ano, que están previstos para o vindeiro 26 e 27 de xuño en Silleda.

AVANTAR ACTIVIDADES

 As clases, sen coste para @s usuari@s, comezarán o día 26 de maio na academia Objetivo Diez de Carballiño e finalizarán o 25 de Xuño. Os participantes poderán escoller entre os horarios de 8:30 a 11:30h ou ben de 11:30 a 14:30 e  cada grupo será de 15 prazas para cumplir o aforo e as medidas sanitarias da Covid-19.  As solicitudes deberán cubrirse no Servizo de Orientación Laboral do Carballiño dende onde recordan que aínda quedan prazas nos dous grupos e animan á veciñanza a participa no mesmo.