Renovado o sistema hidráulico e lumínico da fonte do monumento “Munten” obra de Xesús Carballido

A fonte do monumento “Munten”, do artista carballiñés Xesús Carballido, situada na Praza do Emigrante, conta con novos sistemas hidráulicos e lumínicos, permitindo ata catorce modos diferentes de funcionamento con sete cores fixas e sete secuencias de cores diferentes.

Para a súa posta en marcha elexiuse a modalidade fixa da cor violeta, característica da cocción do pulpo, nunha clara homenaxe á tradición pulpeira do Carballiño.

Trátase dunha iniciativa da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rita Soto, e que ten por obxectivo renovar as fontes da vila adaptándoas á normativa de eficiencia enerxética, así como a súa posta en valor como elementos de embelecemento das prazas e espazos públicos municipais.

Publicidade Premer na Imaxe

Neste senso, esta fonte é a primeira que conta con todas as medidas medioambientais e de eficiencia enerxética establecidas, e que, polo tanto, está totalmente legalizada.

O proxecto incluiu, no tocante ao sistema hidráulico, a resposición da bomba autoaspirante con filtro, un prefiltro integrado para evitar a entrada de obxectos extraños que puideran dañar as partes hidráulicas, motores protexidos e acondicionados para soportar ambientes calurosos e niveis de humedade elevados, así como electroválvulas de enchido e baleirado. E, no tocante ao sistema lumínico, incorporouse un sistema de cambio de cor con LumiPlus Eco, un pulsador que permite 14 modos doferentes de funcionamento, con 7 cores fixas e 7 secuencias de cores diferentes, así como un cadro de control con ineterruptos horario.

O custe deste proxecto foi de 4.983,94 euros, sufragado polo concello dentro da partida orzamentaria de mantemento de xardíns da Concellería de Medio Ambiente.

O monumento “Munten”, obra do artista carballiñés Xesús Carballiño, rodeado por un estanque-fonte deseñado polo arquitecto ourensán Fernando Martínez Lamas, autor asimesmo do aparcamento soterrado e das prazas da Alameda e do Emigrante, inaugurouse no ano 2003 e foi restaurado nos anos 2014 e 2017. O monumento, unha estrutura de ferro recuberta por 600 placas de cobre con signos arcaicos e actuáis grabados a man artesanalmente, alusivos ás culturas das máis de medio cento de cidades e países do mundo onde residen emigrantes carballiñeses, é unha homenaxe á fonda pegada da emigración no Carballiño