O PSOE do Irixo critica o incremento do gasto eléctrico

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta o incremento do gasto en enerxía eléctrica en 20.000 €, pasando dun presuposto de gasto no actual orzamento de 78.000 euros a 98.000 €.

Lamentan os socialistas este incremento no gasto cando o Concello ven de acometer a renovación de instalacións de alumeado público nas Parroquias de Campo, San Cosme, Cidá e Parada para colocar luminarias leds de baixo consumo sumándose a renovación que xa se fixo en outras parroquias do Irixo en anos anteriores.

AVANTAR ACTIVIDADES

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas, acusa de presunto fraude no cambio de luminarias, onde se mantiveron luminarias non necesarias antigas, e nalgúns casos, mantendo luminarias a escasos dous ou tres metros unhas das outras, para eles un claro despilfarro do consumo eléctrico que paga todala veciñanza.