O Centro Comercial Aberto presenta un novo anuncio para incentivar as ventas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación de comerciantes Centro Comercial Aberto do Carballiño comeza setembro con novas campañas co obxectivo de potenciar a compra no comercio de proximidade. A primeira destas iniciativas é o estreo dun novo spot publicitario, gravado nos propios establecementos asociados. Nel, ademais da promoción de artículos como prendas de roupa, zapatos ou gafas, tamén aparecen locais de hostalaría e tamén se promociona a imaxe do Carballiño, amosando espazos como o parque municipal, o Gran Balneario e o entorno da Igrexa da Veracruz.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A continuación mostrámoslles o novo spot, que se difundirá a través das canles dixitais do CCA e a través de medios de comunicación como Badal Televisión.