A pandemia amosa unha tendencia positiva en Galicia, rebaixando tamén a presión asistencial

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 654 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 17.632, baixando a cifra en máis dun millar de persoas dende onte. Estas cifras amosan unha tendencia positiva, resaltada na última semana, na que se comezou a baixar dos 20.000 casos. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 240 (-8) persoas na UCI, e 975 (-55) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase unha xornada con cifras moi esperanzadoras. Contamos con 79 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 105 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 1.886 casos totais. Os hospitais hoxe amosan certa preocupación na unidade de críticos, aínda que estables en pranta, contando con 148 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 18 (-2) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES