O delegado territorial da Xunta mantén un encontro con novos directores e directoras dos centros docentes públicos da provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá cos 23 novos directores que, tras o proceso convocado no mes de maio pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, se incorporarán aos centros docentes públicos da provincia de Ourense.

Nesta reunión de presentación abordáronse aspectos relativos á organización e funcionamento da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en Ourense, ao obxecto de facilitar aos novos directores a información necesaria para o desenvolvemento das tarefas que asumen.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, o delegado territorial, trasladoulles as liñas de traballo da Consellería anunciadas polo  conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, no seno da Xunta Autonómica de Directores, relativas á creación dun grupo de traballo para simplificar os procesos administrativos vinculados aos centros educativos, así como a elaboración dun Manual de Mantemento dos Centros Educativos.