O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase o vindeiro luns ata o Irixo, na praza do concello, en horario de 16:00 horas ata as 17:30 horas. A continuación desprazarase ata San Cristovo de Cea, na praza maior, en horario de 18:00 horas ata as 21:00 horas.
Lembramos a importancia da doazón de sangue para poder atender a demanda dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.