O Carballiño mantén 15 casos activos, O Irixo mantén 9 e Maside conta cun so caso

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 25. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, O Irixo e Maside.

O Carballiño mantén a mesma cifra ca onte, con 15 casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo rexistrou un brote familiar que se iniciaba con 5 casos activos. E o cribado celebrado o pasado mércores deixou 4 positivos, que sumados ós que xa había, deixou a cifra de 9 contaxios, que se mantén dende o pasado xoves.

Maside, mantiña ata onte dous casos activos, que hoxe reduce nun caso, para contar cun positivo.

E os demais concellos,  Boborás, San Cristovo de Cea, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.