O Concello de Leiro vai substituir a carpinteria exterior da casa do Concello

O Dog núm 247, do 30 de decembro de 2019 publicou a seguinte Orde : ORDE do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A).

De acordo co disposto na orde de convocatoria, o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolveu concederlle unha subvención ao concello de Leiro para o proxecto denominado ” Substitución da carpintería exterior da casa do Concello de Leiro, por importe de 34300 € “ Esta axuda representa o 70% sobre o orzamento elixible do proxecto “

AVANTAR ACTIVIDADES

A execución ten un orzamento total de 49000 € do proxecto