O BNG urxe ao goberno local de Ourense a cubrir as necesidades existentes nos centros educativos da cidade no que a persoal de conserxería se refire

IES CHAMOSO LAMAS

 O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense rexistrou esta mesma mañá un escrito no que solicita ao goberno local, cubra tanto as baixas como todas aquelas necesidades que os centros educativos da cidade teñen no que a persoal de conserxería se refire e ante as graves carencias existentes a este respeito.

Segundo expoñen desde o BNG, unha das funcións da Concellaría de educación é a adscrición dos conserxes aos centros de ensino públicos. Durante a pandemia e ao inicio de curso os Centros educativos públicos tiveron que facer un protocolo de adaptación ao contexto COVID-19, resultando nalgúns casos necesario que haxa máis dun conserxe por centro de ensino.

HIPER MASIDE

Ademais das baixas habituais hai baixas por contactos con positivos da COVID-19, que antes non se daban, e temos coñecemento de que non estar a ser cubertas. Este luns 26 de outubro había cinco centros de ensino sen conserxes.

Afirman os nacionalistas, ter coñecemento de que neste intre son necesarios catro conserxes por acumulación de tarefas.

Por todo elo, o BNG solicítalle ao goberno local que se cubran as baixas e as necesidades dos centros educativos en canto a conserxes se refire á maior brevidade posible.