O Concello de Ribadavia pon en marcha o programa “RIBADAVIACOMPAÑA” para detección e acompañamento de persoas maiores soas

O CONCELLO DE RIBADAVIA PON EN MARCHA O PROGRAMA “RIBADAVIACOMPAÑA” PARA DETECCIÓN E ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES SOAS.

Este programa desenvolverase en catro fases entre os meses de xuño e decembro de 2020 e pretende detectar as persoas de mais de 70 anos do municipio que viven soas para previr situacións de desamparo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Ribadavia pon en marcha o programa “Ribadaviacompaña” para detección e acompañamento de persoas maiores que viven soas. Este programa, elaborado polos servizos sociais municipais, desenvolverase en catro fases entre os meses de xuño e decembro de 2020, e a súa finalidade é detectaras persoas de mais de 70 anos do municipio que viven soas para previr situacións de desamparo.

As diferentes fases nas que está estruturado o programa permitirán establecer un coñecemento exhaustivo das persoas maiores que viven soas atendendo a diferentes franxas de idade, de tal xeito que na primeira fase o traballo centrarase en persoas maiores de 90 anos, na segunda fase o obxectivo será detectar ás persoas maiores de 80 anos que viven soas, e na terceira fase o estudo farase sobre as persoas maiores de 70 anos.

O alcalde de Ribadavia afirmou que “En base a actual realidade dunha poboación envellecida e nun contexto de crise sanitaria e socioeconómica, este programa tratará de analizar a situación do colectivo de persoas maiores soas no concello de Ribadavia e, deste xeito, poderemos previr situacións de desamparo e soidade en persoas maiores, ademais de mellorar a súa calidade de vida en tanto permanezan no seu domicilio.”