Morre un mozo de Ribadavia nun accidente de coche en San Cibrao das Viñas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un mozo de 28 anos, natural de Ribadavia, faleceu esta mañá na N-525, ao seu paso por San Cibrao das Viñas, tras caer co seu coche desde a ponte do Piñeiral cara á estrada nacional.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O accidente produciuse ao redor das 4.30 horas da madrugada cando o mozo, por circunstancias que aínda se están a investigar, derrubouse desde a ponte cara á estrada nacional sen que a baranda puidese frear a caída.

Ao lugar do accidente desprazáronse unha unidade da Garda Civil de Tráfico, un camión de bombeiros de San Cibrao das Viñas e outro do GES de Pereiro de Aguiar, así como unha ambulancia medicalizada do 061.