PEMES e autónomos poden solicitar ata o 17 de agosto as axudas da Xunta de Galicia

Beautiful smiling woman reading text message on mobile phone during work. Mature businesswoman checking new messages on smartphone. Casual businesswoman checking important mail while working on computer in office.

A Xunta activou estes apoios, con achegas de ata 3000 euros para implantar nos negocios medidas de protección fronte á covid-19, co obxectivo de facilitar a volta á actividade dos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte en condicións de confianza para os consumidores.

As axudas poden destinarse á adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

Os establecementos comerciais, empresas do sector turístico e salóns de peiteado de menos de 10 traballadores poden obter apoios polo 100% das medidas activadas, desde 300 a 1200 euros. Por outro lado, as pemes de menos de 50 traballadores tanto destes sectores como do transporte, os servizos e as actividades profesionais poden beneficiarse de apoios directos do 80% do custo nas medidas de seguridade precisas, desde un mínimo de investimento de 1500 euros ata un máximo de 3750, sendo polo tanto a axuda máxima de 3000 euros.

Publicidade Premer na Imaxe