Maside edita un libro de contos dos seus nenos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CONCELLO DE MASIDE EDITARÁ UN LIBRO COS CONTOS DOS SEUS CATIVOS SOBRE A EXPERIENCIA DO CONFINAMENTO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concello quere coñecer de primeira man cómo os cativos e cativas dese concello están a pasar este longo confinamento nas súas casas e tamén cómo viven a volta as rúas. Para elo, lles piden, aos nenos de ata 14 anos, que lles escriban un relato de como están a pasar estes días, … Os cativos poderán ser axudados polas súas familias, fomentando así o traballo en equipo.

Os relatos deberán ter un tamaño mínimo de dúas páxinas A4 e máximo de cinco. Poderán vir acompañados dun debuxo. Deberán indicar nome, apelidos e idade dos relatores. O prazo de presentación dos “Contos Confinados” rematará o 29 de maio ás 14 h

Poden facelos chegar ó enderezo electrónico: cultura@concellodemaside.gal ou por correo ordinario ao concello.

Unha vez rematado o prazo de recepción de traballos, procederase á súa publicación nun libro recopilatorio e na páxina web do Concello de Maside. Tódolos participantes recibirán un agasallo ademais dunha copia do libro editado.