A Garda Civil investiga un cultivo de 48 plantas de cannabis en Carballeda de Avia

A Garda Civil de Leiro tomou declaración en calidade de investigados a J.J.R., de 25 anos de idade, veciño de Carballeda de Avia e a J.J.A., de 26 anos, veciño de Ourense, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por cultivo de 48 prantas de marihuana e como presuntos autores dun delito de hurto dunha motocicleta antiga que sustraeran a un veciño de Ribadavia de 81 anos. A motocicleta foi recuperada nunha parcela rústica en Saa, en Carballeda de Avia, onde tamén foron aprehendidas as 48 prantas de cannabis sativa.