O Ribeiro Blues Wine Festival cancela esta edición

A música e o bo viño continúan presentes no Concello de Castrelo de Miño neste 2020 tan diferente. A organización do Ribeiro Blues Wine Festival, que se celebra os días 9 e 10 de agosto, anuncia que non se vai celebrar o evento tal e como o tiñan concibido en anos anteriores, aínda que teñen programado facer unha edición con actividades online.

Publicidade

Convidan ós seguidores da boa música a seguir pendentes durante o mes de agosto ás súas redes, nas que propoñerán cousas como coñecer o concello e as súas adegas e Colleiteiros con rítmo musical.