A última feira do ano, “o feirón”, estivo marcado pola pandemia, con afluencia moderada de xente e maioría de pulpo para levar

VIDEO A Partir do minuto 10:18

O día 31 de decembro, o Carballiño celebrou, como manda a tradición, a súa feira, coñecida co nome do “Feirón”. O tempo acompañou, cunha xornada na que predominou o sol, e que fixo que fosen moitos os que decidisen saír á rúa. Neste último día do ano, moitos aproveitan a feira para comer pulpo entre amigos e familia, algo que marca a xornada dende fai décadas. A pesar da situación sanitaria, a tradición mantívose viva hoxe, aínda que a afluencia de xente foi moito menor ca un ano normal.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ás ventas con respecto ó pulpo, a pesar de ser o maior atractivo destas feiras, a tradición trasládase en pandemia ás casas. Deste xeito, a xente anímase a mercar, pero non tanto a consumir nos locais como se facía antes desta situación.