O FETEGA abre o prazo para obras e candidatos do 32º Festival Celso Parada

Afonso Becerra Arrojo, dramaturgo, recollendo o Premio de Honra en 2020

O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 32º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño a segunda semana de setembro de 2021. O ano pasado presentáronse máis de 100 espectáculos, dos que foron elixidos oito que formaron parte do programa do festival. As obras, das que se valorará especialmente que sexan estreas nos criterios de selección, deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.

As propostas poden enviarse desde hoxe venres 29 ata o venres 12 de febreiro ás 20 h, a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de inscrición ( https://forms.gle/ZFLTHAAKoi3TN3Ra6 ) na páxina oficial do FETEGA, onde se deberá describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita.

AVANTAR ACTIVIDADES

. Distínguense en 6 categorías

APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto (Auditorio) Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos

APARTADO 2: Teatro de Exterior para público Familiar (Anfiteatro) Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público Familiar

APARTADO 3: Teatro de Rúa para público Familiar Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar

APARTADO 4: Teatro de Sala para Nenos Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés

APARTADO 5: Monólogos Cómicos Dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor

APARTADO 6: Performances e Pequenos Formatos Convocamos aos elencos e artistas galegos con espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.