A Xunta adxudica a redacción do proxecto dunha senda peonil en Castrelo de Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada OU-402, no concello de Castrelo de Miño.

Conta cun investimento autonómico que supera os 18.500 euros e o prazo de execución para a redacción do proxecto é de 5 meses.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase de executar un itinerario na parroquia de Castrelo de Miño, no treito que une o núcleo de poboación que dá nome a esta parroquia e o lugar de Pazo.

O obxectivo é desenvolver unha senda, en principio pola marxe dereita da OU-402.

A Xunta xa levou a cabo no outono actuacións de mellora da seguridade viaria peonil nesta estrada autonómica, que se completarán co proxecto que agora se comeza a elaborar.


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO