O xornalista limiao, Luís Álvarez Pousa, presidirá o III certame literario Antón Tovar.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Luís Alvarez Pousa (Viladerrei, 1948), director da revista Tempos Novos, premio Carracedo 2024, presidirá o xurado do Certame literario Antón Tovar.

A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia vén de nomear o xurado para fallar o Certame Literario Antón Tovar do 2026.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xurado estará composto, como en edicións anteriores, por persoas da comarca limiá, vinculadas ao ámbito da cultura; estará presidido por Luis Álvarez Pousa, director da revista Tempos Novos e premio Carracedo 2024; actuará de secretario Xoán Jardón Nogueiras, oficial Rexistro Xinzo, que tamén ocupa a secretaría da Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia; e completarano tres vogais: a docente, poeta e concertista, Carmen Penim, o profesor e escritor, Cándido Paniagua, e Mirian Opazo, graduada en Belas Artes, investigadora e cineasta.

O prazo de presentación das obras remata o 20 de maio, o fallo darase a coñecer o 13 de xuño e a entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará no Museo da Limia o 20 de xuño.

Bienestar Hoteles y Resorts SL e a Revista Tempos Novos patrocinan novamente o premio, establecido en 600 € e a publicación da creación premiada na citada revista.

A obra poética e narrativa  de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------