Dacón acollerá mañá o día grande da Santa Rita, aínda que cunha celebración acotada

Publicidade ASPADISI

Este ano as actividades do día grande da Santa Rita de Dacón veranse reducidas, como xa pasou o ano pasado, e como é lóxico pola situación da pandemia. Os actos comezarán ás 11:00 horas da mañá con pasarúas a cargo da charanga Castro Bello. Despois da misa oficiada no templo parroquial terá lugar un concerto da charanga e animación polos bares da vila. Xa pola tarde, das 19:00 horas ata as 21:00 horas, de novo a charanga Castro Bello.

En canto ás misas, mañá haberá unha cada hora dende as 08:30 horas. Ás 12:30 horas terá lugar a misa grande, que este ano non contará con procesión. Pola tarde haberá misas dende as 18:30 horas ata as 20:30 horas.