O Cine Club ofrece unha dobre carteleria para esta fin de semana

Para pechar xaneiro ofrece unha programación dobre esta fin de semana. O venres día 28 terán as proxección habituais de 20:00 e 22:30 horas, neste caso co filme español “La hija”, de Manuel Martín Cuenca, un sombrío e tenso thriller cun final inesperado. Protagonizado por Javier Gutiérrez, nominado a mellor actor nos Goya, tamén está nominada á Mellor dirección. Os dous pases serán en castelán, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Ao día seguinte, 29 de xaneiro, ofrecerán a estrea do documental galego “Semente de berrar”, que todavía non chegou ás salas comerciais. O filme pretende demostrar os últimos corenta anos de contracultura en Galiza a través da testemuña dos seus protagonistas. Iago Santás, o seu director, estará na proxección. O pase será ás 20:00 horas no Auditorio Manuel María.

AVANTAR ACTIVIDADES