A Asociación Fotográfica O Potiños do Carballiño, acaba de inaugurar unha nova Exposición de fotografía, POTI EXPO 2020.

Os/as autores/autoras, que forman parte da asociación, seleccionaron cada un deles, dentro dos traballos fotográficos de cada un deles, a imaxe que máis lle impactou do pasado ano 2020.

Son 20 fotografías as que compoñen esta exposición, en tamaño de 60 x 40, podendo apreciarse distintas formas de expresión artística: branco e negro, cor, composicións verticais ou horizontais, temáticas do máis variadas.

Os interesados poderán admirar a creatividade dos fotógrafos ata o 31 de marzo na Casa do Concello do Carballiño.