Expourense acollerá o 1º Mitin Internacional Transfronteirizo – 2 países, 1 destino e o Trofeo Ibérico de Atletismo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este é a última competición deste tempada. Tempada que abrangue desde decembro ata finais de marzo.

Tempada arroxa unha cifra récord de competicións cun total de 37 eventos, sen contar ás máis de 120 sesións de adestramentos. Isto arroxa unha cifra de preto de 30.000 persoas que pasaron polas instalacións da Fundación Expourense, na modalidade de atletismo, o que sumado a tódolos eventos, ferias e congresos convirte ás nosas instalacións nun verdadeiro referente tanto na cidade, na provincia e na comunidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20 que xunto co Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino supón un fito no camiño na historia desta pista, xa que é a primeira competición de carácter internacional que se celebra nela, na que agardamos sexa un verdadeiro éxito, e que nos achegue máis se se pode ao noso país veciño, no que moitas falamos de 2 países-1 destino. Esperamos poñer o noso pequeno grao de area para que algún día exista un espazo de competición común entre norte de Portugal e España.

A Real Federación Española de Atletismo, segue a elixir ás nosas instalacións para probas do seu calendario. A Federación Galega de Atletismo, Club Ourense Atletismo e Fundación Expourense asumen o reto plantexado e, organizan o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 – Sub20, que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense  – Expourense, hoxe denominada pista curta.

Esta proba, reúne aos atletas máis completos das categorías sub’18 e sub’20, de Portugal e España, que disputarán este encontro na pista que acolleu hai poucos días o Campionato de España absoluto. As probas do heptathlon, na categoría masculina e pentathlon na categoría feminina desputaranse en xornada de tarde o sábado, 16. O resto de probas do heptathlon celebraranse o día 17, en xornada de mañá.

A internacionalidade desta proba permite levar a cabo a iniciativa da celebración do Primeiro Mitin Internacional Transfronteirizo-2 países1destino. O atletismo español en xeral e o galego en particular están moi agradecidos coa Federación Portuguesa de Atletismo, pois sempre recibe espectacularmente aos nosos atletas no país veciño.

Desta forma celebraremos, unhas probas de Mitin onde a participación será compartida entre atletas españois e atletas con licenza portuguesa. Sendo a participación gratuíta para os atletas portugueses. Serán sobre vinte probas para atletas menores, absolutos e veterán que agardamos permitan aos atletas alcanzar seu maior nivel, na xornada do sábado e do domingo.

Cóntase cunha inscrición de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a nosa cidade a preto de 500 persoas.

Ao final de cada xornada haberá unha entrega de trofeos conmemorativos, facilitados polo patrocinador privado Quescrem e a Stellantis que facilitará o traslado das seleccións  aos que queremos agradecer tamén seu apoio.

Unha proba de categoría internacional era o que faltaba nesta instalación, de aí, esta iniciativa do Club Ourense Atletismo, a Fundación Expourense e  a FGA.

Hai que resaltar que sen o apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense non se podería levar a cabo este evento, nunha clara aposta de seguir converter a  pista de Expourense nun referente do noroeste peninsular, baixo o paraugas dun modelo de colaboración interinstitucional que está funcionar á perfección.

A continuación os horarios de competición das probas do día 16 e 17 de marzo:

Sesión Sábado 16 de Marzo de 2024
HoraProbasSexo/partElim/Ser/Fin
16:00PesoMixto (14)Final
16:0060 m val (0,762mtrs)FemPéntatlon
16:1060 m val (0,838 mtrs)FemPéntatlon
16:2060 m. Sub18MascHéptatlon
16:2760 m. Sub20MascHéptatlon
16:45AlturaFemPéntatlon
16:3560 m.FemElim (6S)
17:00Salto de lonxitudeMascHéptatlon
17:2060 m.MascElim (6S)
18:00Salto con pértegaMixto(14)Final
18:00Peso/bala (5-6 kg)MascHéptatlon
18:5060 m.FemFinal
19:00Peso/bala (3-4 kg)FemPéntatlon
19:00AlturaMascHéptatlon
19:0060 m.MascFinal
19:15400 m.FemSeries (4s)
19:40400 m.MascSeries (4s)
20:00Salto de lonxitudeFemPéntatlon
20:101000 m.FemAta Sub14
20:251000 m.MascAta Sub14
21:00800 m.FemPéntatlon
 CEREMONIA DE PREMIACIÓN XORNADA TARDE. SÁBADO 16/03
Sesión Domingo 17 de Marzo de 2024
HoraProbasSexo/partElim/Ser/Fin
10:3060 m valos (0,991 m)MascHéptatlon
10:30Salto de lonxitudeMixto(14)Final
10:4060 m valos (0,914 m)MascHéptatlon
11:00GP 60 m. MásterMascSeries (3 s.)
11:25Salto con pértegaMascHéptatlon
11:30GP 60 m. MásterFemSeries (3 s.)
12:00200 m.FemSeries (4 s.)
12:10AlturaMixto(14)Final
12:30200 m.FemSeries (4 s.)
13:001500 m.MascSeries
13:151500 m.FemSeries
13:301 000 m.MascHéptatlon
13:454×200 m.Mixto másterSeries
 CEREMONIA DE PREMIACIÓN XORNADA TARDE. DOMINGO 17/03