Máis de 3.000 nenos e nenas participaron na Semana Grande para Pequenos que encheu de actividades a Praza Maior e a Veracruz

IES CHAMOSO LAMAS

-Os cativos tiveron a súa disposición obradoiros, inchables ou maxia, entre outras propostas de ocio e unha Festa da Escuma que puxo o broche de ouro

A Semana Grande para Pequenos inaugurou nos primeiros días de agosto a programación da Festa do Pulpo, que se estende a quince días de actividades coincidindo con esta edición número 60 na que se logrou a declaración de interese turístico internacional. En dous escenarios, a Praza Maior e a Veracruz, os cativos e cativas tiveron a súa disposición obradoiros, inchables ou maxia, entre outras propostas de ocio. O broche de ouro foi a Festa da Espuma do pasado venres.

HIPER MASIDE

Esta semana de actividades organizada para que os máis pequenos da casa tamén se involucren na Festa do Pulpo con propostas adaptadas a súa idade aséntase no calendario polo éxito colleitado. Nesta ocasión foron máis de 3.000 os participantes.

Cómpre destacar que o patrocinador da Semana Grande para Pequenos foi Avatel Telecom, operadora de fibra óptica.