Ribadavia abre o prazo para o servizo de conciliación do curso escolar 2022/23

Este curso escolar o Concello de Ribadavia amplía o servizo de conciliación, ofertándoo tamén de tarde. O Servizo de Conciliación ten a finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo ás nais e pais que teñen a sua xornada laboral en horario anterior ou posterior ó inicio/remate das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar aos seus fillos e fillas no centro escolar antes do comezo das clases ou ó remate das mesmas.

Como novidade este ano o Concello de Ribadavia quere potenciar o servizo de conciliación e ampliase o Servizo de Conciliación cun novo horario de tarde. Así o Servizo de Conciliación terá un horario de mañá 07:30 a 09:00h e un horario pola tarde de 15:00 a 16:30h.

AVANTAR ACTIVIDADES

A prestación do servizo levarase a cabo durante a totalidade do período lectivo escolar 22/23.

O Prazo de solicitude será dende o 05 de setembro na oficina do Dpto. de Servizos Sociais do Concello. Poderán seguir formalizándose solicitudes o longo de todo o curso escolar 22/23 ata o 1 de xuño de 2023. A previsión de comezo do servizo será o luns 12 de setembro.

Prezos:

De forma xeral:

 Empadroadas/osNon empadroadas/os
Por un neno/a35€/mes65€/mes
Por segundo ou máis irmáns25€/mes45€/mes
Familias numerosas/monoparentais25€/mes45€/mes

Para unidades familiares con ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (1.000€):

 Empadroadas/osNon empadroadas/os
Por un neno/a25€/mes45€/mes
Por segundo ou máis irmáns15€/mes35€/mes
Familias numerosas/monoparentais15€/mes35€/mes

As taxas continúan sendo as mesmas do ano anterior, e sendo o mesmo custe tanto para quenda de mañá como para quenda de tarde. Para as unidades familiares que fagan uso do Servizo de Conciliación de ambas quendas terán un desconto do 50% na segunda quenda.Ribadavia continúa apostando por reforzar os seus servizos sociais e os dereitos dos seus veciños. Este servizo do Concello ten como finalidade facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Permitirá ás nais e pais que teñen unha xornada laboral en horario máis amplo ao das actividades lectivas, deixar aos seus fillos no centro escolar baixo a supervisión de monitores.