Unha sentenza do Tribunal Supremo declara que os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos e retribucións que supoñan melloras políticas ou económicas.

Publicidade

. O Alto Tribunal vén a dar a razón ao BNG cando sinalaba o carácter antidemocrático e ilegal da manobra levada a cabo polo PP e os tránsfugas do PSOE.

AUDIO Secundino Fernández ( Premer na imaxe )

 O BNG vén de presentar no Concello un recurso extraordinario de revisión en contra da convocatoria do pleno da moción de censura celebrado o pasado 1 de setembro no que saíu elixido alcalde Abelardo Carballo.

Naquel pleno os votos do PP de Andrés Montesinos e dous tránsfugas do PSOE apartaron antidemocraticamente, e agora demóstrase que tamén ilegalmente, da alcaldía a Secundino Fernández Fernández traizoando a vontade dos veciños e veciñas de Viana do Bolo.

A sentenza da Sección Cuarta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo indica que o pase a concelleiro non adscrito “impide que se asuman cargos ou perciban retribucións que antes non exercían ou percibían e que impliquen melloras persoais, políticas ou económicas”. En base a esta Sentenza, que crea xurisprudencia, Abelardo Carballo nunca podería ser candidato á alcaldía de Viana na moción de censura que se votou o pasado 1 de setembro.

En consecuencia, o BNG acaba de presentar no rexistro de entrada do Concello de Viana un recurso extraordinario de revisión ao considerar que con esta nova Sentenza queda probado que se cometeu unha ilegalidade ao convocar un pleno para debater unha moción de censura que non cumpría cos requisitos legais para poder presentarse, e no que se adoptou un acordo tamén manifestamente ilegal, por medio do que se investiu como alcalde un concelleiro tránsfuga que pola súa condición de non adscrito non podería asumir este novo cargo.

No BNG congratulámonos de que o Tribunal nos dea a razón e recoñeza o carácter antidemocrático e contrario a dereito dunha moción de censura que levou á alcaldía a un tránsfuga en contra da vontade expresada polas urnas en maio de 2019.

Só esperamos que este recurso se resolva o máis rápido posible e repoña a normalidade democrática no Concello de Viana do Bolo devolvendo á alcaldía a Secundino Fernández, quen ocupou lexitimamente este posto nos últimos anos.

RECURSO DE REVISIÓN

AO CONCELLO DE VIANA DO BOLO

D.  Secundino  Fernández  Fernández,  en  calidade  de  concelleiro  e  Portavoz

Municipal do BNG, ante o Concello de Viana do Bolo, comparece e DI:

Que por medio do presente escrito interpón RECURSO DE EXTRAORDINARIO DE REVISIÓN en tempo e forma, contra a convocatoria do Pleno celebrado o 1 de setembro de 2020 no Concello de Viana do Bolo para debate e votación da moción de censura, en base ás seguintes

ALEGACIÓNS

Primeiro.- Interponse o presente recurso extraordinario de revisión en base ao establecido no artigo 125.1 b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Basease este recurso na Sentenza do Tribunal Supremo de 26 de outubro de 2020 que determina que os concelleiros non adscritos non poden asumir novos cargos ou retribucións que supoñan melloras políticas ou económicas.

Segundo.- No concello de Viana do Bolo convocouse un pleno para o 1 de setembro de 2020 para o debate e votación da moción de censura que levou á Alcaldía do Concello a Abelardo Carballo Alonso, nese momento xa concelleiro non adscrito ao ter abandonado o seu grupo de procedencia, o PSdeG- PSOE.

A convocatoria deste Pleno é nula de pleno dereito ao figurar como candidato á Alcaldía un concelleiro non adscrito.

Terceiro.- Tras a votación da moción de censura se reconfigura a ordenación da Corporación Municipal, pasando, como se dixo, a ser Alcalde o concelleiro non adscrito Abelardo Carballo Alonso e como segundo Tenente de Alcalde o outro concelleiro non adscrito Santiago Barja Barja.

Cuarto.- Con data de 26 de outubro de 2020, o Tribunal Supremo, Sala Terceira do Contencioso Administrativo, dita a Sentenza 1401/2020.

Na sentenza sinálase que “El artículo 73.3.3º de la LRBRL establece limitaciones en el ejercicio de derechos políticos y económicos por los concejales no adscritos. Tal regulación trae su causa del Acuerdo 7 de julio 1998 firmado por diversos partidos políticos, del documento de 26 de septiembre de 2000 por el se renueva ese Acuerdo y por la II adenda al mismo de 26 de mayo de 2006, de los que se deduce sin matiz una idea de censura a lo que se denomina transfuguismo.

E continúa a Sentenza analizando a xurisprudencia en torno ao devandito artigo determianndo que “Por el contrario, el artículo 73.3.3º de la LRBRL (LA LEY 847/1985) disuade de que el pase a la condición de concejal no adscrito, por incurrir en transfuguismo, suponga un incremento o mejora del estatus, y se toma como referencia aquellos beneficios políticos o económicos distintos de los indisponibles por ser consustanciales a la condición de concejal. Así el citado precepto toma como término de contraste los que ostentaba el concejal cuando estaba integrado en un grupo político y que abandona, de forma que tras ese abandono y consiguiente pase a la condición de concejal no adscrito no puede aumentarlos como contraprestación.“

Finalmente establece a Sentenza que “Por el contrario el pase a la condición de concejal no adscrito, como consecuencia o por razón de un supuesto de transfuguismo, sí impide que se asuman cargos o que perciban retribuciones que antes no ejercía o percibía e impliquen mejoras personales, políticas o económicas. Queda excluida de esta limitación la incorporación a las comisiones informativas.”

Quinto.- Á vista do anteriormente exposto, resulta de aplicación esta Sentenza ao sucedido na presentación da moción de cesura no Concello de Viana do Bolo, pois na presentación da mesma figuraba como candidato á Alcaldía un concelleiro non adscrito, que abandonou o seu grupo de procedencia, porque non amparaba a presentación da

devandita moción de censura. En consecuencia o actual Alcalde da corporación e o segundo tenente de Alcaldía (o outro concelleiro non adscrito) asumiron cargos e retribucións que melloraron a súa condición política e económica que de ter permanecido no seu grupo de procedencia non se tivesen alcanzado.

Polo exposto

SOLICITO que se teña por presentado este escrito, e na súa virtude se teña por interposto recurso extraordinario de revisión, contra a convocatoria de Pleno celebrado o 1 de setembro de 2020 polo que se debateu e votou a moción de censura que levou á Alcaldía da corporación a  un concelleiro non adscrito, e en base ao mesmo sexa ditada resolución pola que se declare a nulidade de pleno dereito da convocatoria e do Pleno celebrado o 1 de setembro de 2020.

Asdo.