ABANCA e os empresarios de ATAVE en Ourense renovan a súa colaboración cun plan de financiamento integral

● O banco pon a disposición dos asociados un plan de financiamento
deseñado integramente para mellorar a competitividade das empresas
● ABANCA ofrece un amplo catálogo de produtos e servizos creados para
mellorar as condicións na contratación

ABANCA e a Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos
de Ourense (ATAVE) veñen de renovar o seu acordo de colaboración co obxectivo de
reforzar o apoio aos empresarios do sector na provincia e paliar así os danos
económicos xerados a raíz da crise da Covid-19.
O texto foi rubricado esta mañá en Ourense polo director de zona de ABANCA en
Ourense-Centro, Enrique Romero Reinoso, e polo presidente da Asociación Provincial
de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE), Ricardo José Borrajo.
A través deste acordo, o banco pon a disposición dos talleres asociados un plan de
financiamento deseñado para dar resposta de forma integral ás súas necesidades. No
texto recóllense unha serie de produtos e servizos que facilitarán os investimentos e o
reforzo da competitividade nos proxectos. Deste modo, os empresarios contarán con
produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais, hipotearios e de
anticipo de subvencións, ou leasing mobiliario e inmobiliario, en todos os casos con
amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

AVANTAR ACTIVIDADES

ABANCA ofrece tamén solucións para as necesidades máis inmediatas das empresas
para poder adecuarse ás demandas da súa actividade diaria. O colectivo terá tamén á
súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto
comercial, avais, confirming ou factoring, segundo as súas necesidades. Ademais,
faise referencia á liña de financiamento oficial do ICO, que lles facilitará solucións
ante a crise sanitaria e económica xerada pola Covid-19.
Os empresarios da provincia poderán aproveitar as vantaxes que lles ofrece o
Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos
habituais. No documento tamén se detalla a posta a disposición destes profesionais de
servizos como a banca electrónica e os TPV físicos e virtuais, estes últimos de grande
relevancia nos últimos tempos debido ao aumento do comercio por internet