A comarca baixa os casos activos, mentres que o Carballiño mantén os 92 casos de onte

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 146, unha cifra que baixa en catro casos con respecto a onte.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta vila, hoxe os datos mantéñense os 92 de onte. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa con respecto a onte nos 90 (-3).

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que baixa hoxe dos 22 ós 18 (-4) contaxiados. San Cristovo de Cea baixa un caso, ata os 14 contaxios. E despois Boborás, que baixa hoxe sobe un caso ata os 12 activos.

Punxín baixa un caso, ata os 7 contaxios. San Amaro conta hoxe con dous casos. Piñor pasou de estar libre de coronavirus a contar cun caso activo. Beariz e O Irixo, mantéñense libres de coronavirus.