A 23ª edición da Subida á Saleta chega ó Carballiño e Boborás o 7 e 8 de maio

Esta mañá tivo lugar a presentación da 23ª Subida á Saleta na Praza Maior do Carballiño. Este evento terá lugar esta próxima fin de semana, os días 7 e 8 de maio, con tramos polos concellos da contorna. AGE Motorsport é a escudería encargada de recuperar este evento, e con el os rallies de montaña. Esta será a primeira proba da provincia de Ourense puntuable para a Copa de España.

Esta competición de montaña, transcorrerá como de costume entre os concellos do Carballiño e de Boborás, con algúns tramos de especial emoción. Hoxe estiveron a concelleira de deportes do Carballiño e a alcaldesa de Boborás presentes na presentación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Pérez, xefe de servicio de deportes da Xunta de Galicia animou a desfrutar dun evento de altura e reafirmou o compromiso da Xunta de seguir apostando pola Subida á Saleta.

Esta edición ademais renderá unha homenaxe ó piloto José María Magdaleno, con case 50 anos adicado ós rallies, poñendo o seu nome ó trofeo deste ano.

E tamén terá un aspecto solidario, xa que se recollerán alimentos destinados a Cáritas do Carballiño, tanto os participantes do evento como calqueira que se queira achegar.