Publicado no BOP
A Alcaldía do Concello ditou a Resolución do 13 de novembro de 2023, pola que se aproba a convocatoria e bases que rexerán o proceso selectivo dunha praza de administrativo/a, Administración especial, con funcións informáticas, do cadro
de persoal funcionario, Agrupación de Concellos A ArnoiaBeade, en calidade de funcionario/a interino/a.
No taboleiro de anuncios da sede electrónica dos concellos da
Arnoia e Beade e no taboleiro de anuncios dos citados concellos, aparecen integramente as bases que rexerán o proceso selectivo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de
conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro da sede
electrónica dos concellos da Arnoia e Beade e no taboleiro de
anuncios de ambos os concellos