Continúa a búsqueda de María Ángeles Míllara no río Arenteiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

María Ángeles Míllara Moa desapareceu o pasado domingo. Residía en Mesego e sobre as 12:00 horas díxolle ao seu pai que saía a dar un paseo polo Parque Municipal, na zona da beira do río, e dende entón non foi vista.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O día que marchou da casa non tiña móbil, e levaba un paraugas que foi atopado na beira do Arenteiro entre Godás e Ponterriza.

María Ángeles é unha muller de 54 anos, de complexión normal e 167 centímetros de estatura. O día que desapareceu levaba un abrigo de cadros vermellos e grises, un sombreiro de cor crema e, posiblemente, un chándal.

Hoxe continuaron na súa búsqueda o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, un dron, a Garda Civil do Carballiño e o Seprona.