Galicia reduce notablemente as persoas ingresadas en planta e estabiliza as UCIs

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 139 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.185, cun leve descenso. A presión asistencial rexistra un descenso de ingresos. Hoxe hai 28(+1) persoas na UCI, e 145 (-31) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un estancamento. Hoxe hai 10 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe nun caso ata os 140 casos totais. Os hospitais presentan un leve descenso, contando con 18 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES