Ribadavia baixa 1 caso activos por covid para un total de 6. Cortegada mantén 5 e Beade con 7 casos activos

O concello de Beade conta con 7 casos activos, representando o máximo da comarca do Ribeiro. Este concello, o terceiro mais pequeno tanto en extensión coma en habitantes, e actualmente o único de toda Galicia con restricións máximas, o único que está pechado perimetralmente, coa hostalería pechada e coas reunións prohibidas entre non conviventes.

Cortegada conta hoxe con cinco casos activos, os mesmos ca dende a pasada fin de semana. Leiro conta hoxe cun caso activo. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE