Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 189 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 7.748. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 146 (=) persoas na UCI, e 547 (-36) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe as cifras remóntanse ó 31 de decembro. Dende aquela data non se rexistraba unha cifra tan baixa. Contamos con 16 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 26 casos, ata os 552 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 59 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+2) na UCI.