O BNG de Castrelo de Miño critica a ausencia do novo alcalde no concello

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

Tras o pleno de ordenación que tivo lugar este luns 31 de agosto, o Bloque Nacionalista de Castrelo de Miño alerta de que o novo alcalde “non vai nin a vir nin a traballar no concello”, xa que acudiu de xeito telemático á sesión de hoxe. O BNG mostra o seu temor de que, por ter funcións na Deputación de Ourense, o actual alcalde, Avelino Pazos, descoide as súas competencias municipais, recalcando que “Castrelo de Miño precisa un alcalde que esté no día día no concello”. Dende a formación informan do nomeamento dun concelleiro de relacións ca alcaldía, o que entenden coma unha persoa que fará a función de antención á cidadanía que queira reunirse co alcalde.

Outra das críticas feitas pola formación é a designación de tres tenentes de alcalde e un deles será un dos tránsfugos do PSOE cos que conseguiu a alcaldía o Partido Popular. Ademáis, critican o reparto de funcións, xa que con esta nova redistribución o concello queda sen área de deportes “cousa insólita, dada a repercusión que ten Castrelo de Miño nos deportes de remo, piragüismo e triatlón”, en palabras da formación. Neste sentido alertan das repercusións que pode ter este feito para o potenciamento dun dos parques náuticos máis importantes de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES