A Noite Meiga cancela a súa 20ª edición

Por primeira vez nos vinte anos de tradición da NOITE MEIGA, a súa organización vese na obriga de ter que cancelar a 20ª edición prevista para o 31 de outubro deste 2020 a causa das consecuencias derivadas da crise sanitaria do coronavirus.

Publicidade

De todos os xeitos, a organización asegurou que, aínda que non se poida celebrar, non querían que este ano a festa quedase sen imaxe. Para isto convocaron o concurso de carteis, de forma tradicional como se fai cada ano. O autor deste concurso é Ángel García Yáñez da Coruña, e dende a organización danlle a noraboa e informan de que se difundirán de igual maneira aínda que non haxa festa.

Dende a Noite Meiga lembran ós veciños e turistas que, aínda que este ano as meigas non saen á rúa… HABELAS HAILAS.