Expourense acolle dende mañá ata o día 17 o II Congreso de Auga e Saúde de Termatalia

Mañá pola mañá, Expourense acollerá a inauguración oficial do II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia e o IV Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida do Campus Auga da Universidade de Vigo. Este congreso ten como obxectivo reunir á comunidade termal internacional arredor da marca Termatalia e seguir posicionando a Ourense e Galicia como un centro de formación profesional internacional.

Termatalia é unha cita que reúne a profesionais de máis de 30 países en cada edición e desde Expourense decidiuse aprazar a feira como tal ata setembro de 2022 para garantir entón a presenza masiva de profesionais, aproveitando tamén a celebración de o dobre Ano Santo Xacobeo para atraer turistas.

AVANTAR ACTIVIDADES