A Policía Xudicial investiga a novos implicados na operación Veracruz-Milladoiro

A operación Veracruz-Milladoiro iniciabase no mes de abril, despois do aumento de roubos producidos en diversas localidades galegas, entre elas O Carballiño. A investigación levou a detención en pasados días de 5 persoas, 2 residentes en Madrid e 3 na cidade de Ourense, acusados da comisón de de 40 roubos, tráfico de drogas, branqueo de capitais e 1 delito de integración a grupo criminal. Os detidos pasaban en pasados días a disposición do Xulgado número 2 do Carballiño.

Como continuación desta operación, a Policía Xudicial de Ourense detivo onte a un home de 23 anos, como presunto autor dun delito de pertenza a banda criminal e de roubo con forza. Foronlle incautadas varias pezas de xoiería. Así mesmo, tómaselle declaración como investigada a una veciña de Ourense, de 45 anos, como presunta autora de petenza a banda criminal e delicto de receptación, tras atopar no seu domicilio efectos recoñecidos polos prexudicados. Ambos pasaron a disposición do Xulgado numero 2 do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES