O Carballiño afianza o descenso de casos, baixando hoxe ata os 10 contaxios

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 15. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e O Irixo, os únicos concellos que contan con casos activos sumando hoxe a San Cristovo de Cea.

Publicidade

O Carballiño baixa dous casos para contar hoxe con 10 casos activos. O Irixo mantén hoxe un total de 4 positivos. Recordamos que O Irixo presentou un brote familiar que se incrementou ata as 9 persoas afectadas logo da celebración dun cribado poboacional. San Cristovo de Cea, ata o de agora sen casos activos, suma hoxe un positivo.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.