Cruz Vermella rende homenaxe ao seu voluntariado este venres cunha gala artística no Auditorio do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A terceira edición da ‘Gala Benéfica da Cruz Vermella’ chegará este vindeiro venres, 26 de xuño, ao Auditorio Manuel María da vila do Arenteiro, a partir das 20,00 horas, organizada pola Asamblea Comarcal da entidade asistencial coa colaboración do Concello do Carballiño. O evento foi presentado no mediodía de hoxe no salón de plenos da Casa Consistorial, coa presenza do concelleiro de Cultura e Benestar Social, Diego Fernández; o presidente e o coordinador comarcais de Cruz Vermella, Tomás Pérez e Rubén González, e o responsable artístico da gala, Martín Domínguez.

“Esta é unha iniciativa que xurdeu hai tres anos en agradecemento á laboura dos voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella do Carballiño, que adican tempo e enerxía ao traballo solidario”, apuntou Rubén González. Unha gala benéfica que servirá tamén para a captación de fondos, xa que polo módico prezo de 6 euros pódense mercar conxuntamente a entrada cun boleto para participar no ‘Sorteo de Ouro’ da Cruz Vermella.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pola súa banda, Martín Domínguez expresou que “é un día de convivencia que permite dar visibilidade ao traballo que desenvolve o voluntariado de Cruz Vermella e no que participan de xeito desinteresado persoas e colectivos da comarca”. Así, no programa do festival contmplanse as actuacións do Mago Ninou, un grupo de pandereteiras, a Banda de Gaitas do Irixo, Tiruleque Teatro, a Coral Polifónica do Casino e o mago Grand Martin, todo elo conducido por integrantes de Dar Trela Teatro.

As entradas e o boleto para o sorteo poden solicitarse na sede local de Cruz Vermella do Carballiño e aos seus voluntarios e tamén se poden adquirir o mesmo día da gala na taquilla do Auditorio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------