O CONCELLO DO IRIXO OFRECE AXUDAS AOS AUTÓNOMOS E PEMES CON DIFICULTADES DE ATA 282 EUROS
O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, foi o primeiro en ofrecer axudas directas a un dos sectores mais afectados por a crise económica que segue a crise sanitaria do coronavirus. Os autónomos e PEMES empadroados ou con sede social no Irixo poderán acceder a unha axuda de 282’32 €, se levan mais de 6 meses dados de alta; ou de 60 € se levan menos de 6 meses de traballo. As persoas e empresas que queiran optar a esta axuda deberán acreditar o peche do negocio ou unhas perdas superiores ao 50% dos ingresos habituais.
VIDEO