Belén en Maside adicado a Carballiño. Feito de maneira artesanal con materiales reciclados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Belén de mais de 90 metros cadrados. Con maquetas tanto de Maside como de Carballiño. De Maside temos por exemplo: Ferraxería Botana, comercio dá Rocío. E de Carballiño clínica veterinaria Clinican , Estanco número 5 .

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E a novidade este ano é que esta dedicado a Carballiño e a peza central é a igrexa da Veracruz, temos escenas de feiras coas típicas polbeiras de Carballiño.


Todo o Belen esta realizado de maneira artesanal con materiais reciclados como: teas, poliestireno tamén temos cortizas de botellas, piñas, etc.. Hai un anaco de Belén todo cuberto de neve que gusta moito sobre todo aos nenos. E para o seu entretemento escóndense bonecos para que os atopen. Tamén hai unha exposición de maquetas a gran escala de sitios moi coñecidos de Maside por exemplo o Concello.
É un Belén moi grande, con moito que ver e de gran colorido, para gozalo conxuntamente toda a familia e convidamos a todo o público en xeral a que nos visite en Maside, na Casa Aberta

Desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro. Horario de 4 a 7 da tarde.