Ribeiro en Común reclama unha homenaxe a Luís Brage, insigne musico galego director da Lira de Ribadavia nos anos da República.

Pedimos a Declaración de fillo predilecto, a título póstumo.

O Concello debemos promocionar e impulsar accións de homenaxe, difusión e memoria histórica desta figura insigne.

AVANTAR ACTIVIDADES

Luís R. Brage Villar foi protagonista da música galega das primeiras décadas do século XX, destacando en moitos dos seus formatos: orfeóns, orquestras, ou bandas. Sendo a súa etapa en Ribadavia, do 1929 ao 1936 das máis proliferas.

Unha publicación do Consello da Cultura Galega, que asina o musicólogo David Ferreiro, volve chamar a atención sobre esta importante figura que supuxo Brage na música e cultura galega, insigne figura e legado que foi ocultado como represalia política tras o golpe de estado de 1936.

Representacións líricas, os bailes no Club Artístico, o Entroido, e sobre todo o seu traballo como director de La Lira de Ribadavia, fan de Brage unha figura inmortal na historia de Ribadavia, memoria e sentimento que aínda se conserva con especial aprecio e respecto no pobo ribadaviense quen non esquece a Brage a pesar dos anos.

Parte do que hoxe é Ribadavia e do que foi nas últimas décadas debese tamén á semente prolifera e vizosa que deixou Brage en Ribadavia e na súa cultura cívica e popular. Por iso o noso Concello debe render homenaxe ao seu legado e o da súa figura con un novo recoñecemento, xusto agora que ven de ver a luz unha Publicación do Consello da Cultura Galega asinada polo musicólogo David Ferreiro sobre a vida e obra de Luís R. Brage Villar.

Xusto é recoñecer os tributos que esta figura xa tivo en Ribadavia, e a mellor homenaxe que se pode facer a un músico como foi o traballo realizado con brillantez e moito agarimo pola Banda La Lira en novembro do 2015 coa interpretación de ” Follas novas, rapsodia galega de Luís Rafael Brage Villar”, con edición e revisión tamén de David Ferreiro Carballo.  https://www.youtube.com/watch?v=GkCN9Iu58cY

Porque a Figura de Brage sobarda os límites de Ribadavia e da música, pois Brage foi tamén un activista cultural e intelectual comprometido co seu tempo e a súa terra, o que lle significaría co golpe de estado de 1936 duras represalias con condena a morte que sería conmutada por unha pena de 30 anos de cárcere ,dos que finalmente cumpriría só tres pero acompañado do ostracismo do réxime totalitario.

A obra de David Ferreiro sobre Brage está dispoñible no Consello da Cultura Galega:

Como a principal institución de Ribadavia o Concello debemos promocionar e impulsar accións de homenaxe, difusión e memoria.

Ribeiro en Común propón:

1º. Que o Concello de Ribadavia realice homenaxe á figura de Luís Brage Villar. En colaboración con outras entidades como o Museo Etnolóxico e a Banda A Lira de Ribadavia, entre outras.

– Xornadas de Difusión.

– Placa comemorativa e lle outorgue o seu nome a unha rúa da nosa vila, coa que teña relación directa.

– Divulgación da súa obra e patrimonio.

2º. Que o Concello de Ribadavia declare fillo adoptivo, a titulo póstumo, a Luís Brage.