Para o BNG, o informe de liquidación do orzamento de 2021 revela a nefasta xestión do Goberno Local co nivel de execución máis baixo en 11 anos

Luis Seara: “Quen afirmaba no pasado que ter carto no banco era sinónimo de non saber xestionar e gobernar, agora resulta ser o que acumula un maior remanente e o grao de execución máis baixo dos últimos 11 anos”

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense o informe sobre a liquidación do orzamento de 2021 emitido pola intervención municipal revela algo que os nacionalistas xa viñan denunciando desde hai tempo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo o portavoz Luis Seara, “estamos diante dun goberno de trileiros que emprega suterfuxios legais e a “colaboración” de certos funcionarios para evitar o control dos organos fiscalizadores como é o caso da intervención municipal”, en clara alusión ao procedemento seguido na modificación de crédito 2P de 62 millóns de euros, “e da oposición”.

Outro dato significativo para a formación nacionalista é o grao de execución orzamentaria no pasado exercicio. “falamos dun grao de execución do 41,59% no orzamento de gastos, ou o que é o mesmo, o máis baixo dos últimos 11 anos”.

Para Luis Seara este dato revela que “estamos diante dun Goberno incapaz e dunha xestión nefasta pois non hai proxecto nin folla de ruta a seguir máis alá de anuncios grandilocuentes, proxectos inexecutables e eso sí, propaganda, moita propaganda”.

Por último Seara salienta, en clara alusión a Jácome que “quen afirmaba no pasado que ter carto no banco era sinónimo de non saber xestionar e gobernar, agora resulta ser o que acumula un maior remanente e o grao de execución máis baixo dos últimos 11 anos”.

Acordo no transporte Público.

No BNG congratúlanse do acordo acadado entre as traballadoras e traballadores e a empresa concesionaria do transporte público. Desde o BNG entenden vergoñento que unha empresa que leva 7 anos en precario e sen realizar ningunha inversión no servizo e recibindo un 6% máis do concello, nin sequera tivera regularizado o salario das súas traballadoras e traballadores cuxas reivindicacións e melloras laborais levan reclamando desde hai 3 anos.

Luís Seara liguidación orzamento

Luís seara acordo buses