Galicia incrementa os casos activos en medio millar nesta fin de semana

A comunidade galega rexistra hoxe 253 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios moi similar á pasada semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.466, unha cifra que ascende en preto de medio millar de persoas nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (+2) están en UCI, 50 (+4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta tamén un ascenso preocupante. A provincia rexistra hoxe 34 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 24 persoas con respecto ó venres, ata os 253 casos activos. Nos hospitais hoxe mantemos estabilidade. Contamos con 7 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES