Ribadavia acende as luces de Nadal e O Carballiño farao esta fin de semana

Traballadores/as do Concello de Ribadavia en colaboración co traballo voluntario de veciños e veciñas da vila, ademais da Asociación de Mulleres Rurais, Asociación Empresas do Ribeiro e Rocío Estévez de Estudo Arte…, están a traballar na elaboración e colocación de adornos do Nadal que nuns días decorarán as rúas de Ribadavia, para que este ano máis que nunca, luza a alegría e o espírito do Nadal. Dende o Concello queren dar as grazas a todos e todas os que están colaborando.

No caso do Carballiño, dende hoxe están colocadas a maioría de luces nas rúas, a falla de distintos elementos decorativos nas zonas do centro. Dende o concello prevén o seu acendido para esta fin de semana.

AVANTAR ACTIVIDADES